Escoitar

O Festival Folclórico Internacional arranca con grupos de Serbia, Colombia e Arxentina

O alcalde recibiu este martes aos organizadores do XXII Festival Folclórico Internacional de Vigo, que se celebra en Vigo desde hoxe ata o domingo dentro do programa "Vigo en Festas 2016". O obxectivo da cita é achegar a Vigo a cultura e as tradicións doutros países.

martes, 19 xul 2016
1468931786folclorico.JPG
Este martes, 19 de xullo, arranca do XXII Festival Folclórico Internacional de Vigo, como parte do programa "Vigo en Festas 2016". Desde hoxe e ata o domingo, 24 de xullo, sete formacións actuarán en distintas parroquias e barrios da cidade, incluindo grupos procedentes de Serbia, Colombia e Arxentina.

O obxectivo do Festival é achegar á cidadanía viguesa a cultura, o folclore e as tradicións doutros países. Deste xeito, chegan a Vigo o grupo serbio Prnjavor, o colombiano Fama e o Sol Arxentino, formacións que se complementan coa zaragozana La Fiera e as locais Corisco, Lembranzas Galegas e a banda de gaitas Xarabal.

O programa contempla tres partes diferenciadas. O Festival, en primeiro lugar, promove actuacións en auditorios de parroquias como San Miguel de Oia, Cabral, San Andrés de Comesaña, Beade e Valladares, do 19 ao 23 de xullo, ás 21:30h. Por outra banda, os grupos actuarán nas rúas da cidade, en Travesas, no Calvario, en Teis e na Porta do Sol, do 20 ao 23 de xullo ás 12 horas.

Por último, o Concello e a Asociación Cultural Interfolc, organizadora do evento, pechan o Festival o domingo, 24 de xullo, cun desfile que parte ás 20 horas da igrexa de Santiago de Vigo, en García Barbón, ata o teatro Afundación, en Policarpo Sanz. Alí, ás 21:30h, pecharase a cita coa actuación no nomeado Auditorio de todos os grupos.

PROGRAMA

ACTUACIÓNS EN BARRIOS – do 19 ao 23 de xullo – 21:30 horas
19 de xullo: FAMA e PRNJAVOR – Auditorio AVV San Miguel de Oia
20 de xullo: FAMA e SOL ARGENTINO – Auditorio CC Cabral
21 de xullo: SOL ARGENTINO e PRNJAVOR – Alameda San Andrés de Comesaña
22 de xullo: FAMA e PRNJAVOR – Auditorio CSCR de Beade
23 de xullo: SOL ARGENTINO e LA FIERA – Auditorio CVC de Valladares

ANIMACIÓNS EN RÚAS – do 20 ao 23 de xullo – 12:00 horas
20 de xullo: PRNJAVOR - Praza do Emigrante
21 de xullo: FAMA - Rúa peonil do Calvario
22 de xullo: SOL ARGENTINO - Praza confluencia Sanjurjo Badía e Santander (Teis)
23 de xullo: LA FIERA – Porta do Sol

ACTO DE CLAUSURA con DESFILE – 24 de xullo
20:00 horas: Desfile de grupos polas rúas García Barbón (desde Santiago de Vigo) e Policarpo Sanz
21:30 horas:: ACTO DE CLAUSURA - Auditorio Afundación – todos os grupos
Descargar todas as imaxes