venres, 22 xullo 2016

O alcalde dálle á benvida á cidade aos 45 nenos saharauis que participan no programa Verán en paz

venres, 22 xul 2016

Os nenos e nenas saharauis que participan no programa Verán en paz visitaron esta mañá o Concello de Vigo onde recibiron a benvida do alcalde. Durante a súa intervención, Caballero puso en valor a labor humanitaria que realizan as familias acolledoras ao permitir que estes nenos deixen durante dous meses os campamentos de refuxiados de Tinduf en Alxeria para veranear en Vigo. O Concello coopera coa Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui cunha achega de 26.000 euros. <br />

AURYN en Castrelos

venres, 22 xul 2016

A Boyband española por excelencia, Auryn estará no auditorio de Castrelos o sábado 23 de xullo ás 22.30 horas. O concerto forma parte do programa de Vigo en Festas.

ESPECTÁCULOS INFANTÍS "CATIVO-MUSICAIS"

venres, 22 xul 2016

Espectáculos de pequeno formato no escenario do Auditorio de Castrelos. O luns, 26 de xullo, ás 20.00 horas Furious Monkey House; e o martes 27, ás 20.00 horas concerto de Magical 2. Acceso libre ata completar a capacidade do recinto<br />