O Concello e Vitrasa conciencian aos usuarios da necesidade de viaxar correctamente no bus
Dous monitores explican aos viaxeiros as principais recomendacións á hora de subir, baixar e permanecer no autobús. Fan especial fincapé nas liñas de maior afluencia de público, que nesta época do ano se centran nas praias, no centro e nas do novo hospital e aeroporto. A campaña desenvólvese durante o mes de xullo e repartiranse máis de 3.000 folletos explicativos
Durante este mes, dous monitores asisten aos usuarios do transporte público nos seus percorridos en autobús urbano co obxectivo de orientalos sobre os riscos aos que se expoñen se non cumpren coas medidas de seguridade establecidas.
En declaracións aos medios, Abel Caballero indicou que o autobús urbano é "un moi bo sistema de transporte público" e que compre "concienciar" a todos os usuarios do seu axeitado uso, tanto a persoas con necesidades especiais, como discapacitados, persoas maiores ou nais e pais con bebés, como ao resto de viaxeiros, que deben cooperar. O alcalde explicou que o obxectivo é facer da seguridade "un elemento central do transporte urbano en Vigo".
Por outra banda, o rexedor tamén informou da entrada en funcionamento esta semana de catro novos autobuses, que virán acompañados en setembro por outras doce unidades. Se retirarán os doce buses máis vellos, co que Vigo contará con catro vehículos máis en total e unha flota máis moderna.
Nesta nova edición da campaña de prevención e axuda aos usuarios, farase especial fincapé nas liñas de maior afluencia de público, que nesta época do ano se centrarán nas praias (3, 15, 4 e 11), no centro (Circular Centro,coincidindo coas rebaixas) e nas do novo hospital e aeroporto (H, 5 e 9).
Para acadar este obxectivo, os monitores facilitan á información en horario de mañá e tarde. Os principais temas nos que insisten son: facilitar os asentos reservados para persoas maiores e embarazadas, facer recomendacións ás persoas con mobilidade reducida en cadeira de rodas no seu enganche cos cintos de seguridade habilitados ao efecto ao igual que os carros de bebés. Informar do agarre dos asideiros dispostos para unha mellor suxeción durante o traxecto e da disposición da pasaxe ao fondo do autobús para mellorar a deambulación e seguridade polo mesmo. Ademais, advertirán da colocación de mochilas ou obxectos que puidesen entorpecer ou molestar dentro do autobús.
Repartiranse máis de 3.000 folletos que recollen as principais recomendacións de seguridade baixo o nome "Como utilizar o autobús" que serán entregados polos monitores aos usuarios a pé de autobús.
Principais incidencias
Unha das incidencias máis frecuentes é que os usuarios non se agarran ao acceder ao autobús nin ao dirixirse aos asentos. Outros aspectos mellorables están relacionados coa correcta colocación das cadeiras de bebés para evitar que se caian, así como a ubicación de obxectos e mochilas que puidesen atoparse no medio do pasillo obstaculizando o paso de viaxeiros.
Unha das recomendacións máis apuntadas aos usuarios durante a campaña será a de ter preparada a Tarxeta Verde ou o diñeiro en efectivo para realizar o pago da viaxe para que o tránsito sexa máis áxil e non entorpeza o paso de usuarios que si o teñen preparado. Tamén se insistirá na necesidade de ceder o asento as persoas maiores con mobilidade reducida ou mulleres embarazadas.
Outro dos puntos no que os monitores insistirán é na disposición dos pasaxeiros ao fondo do bus para que deambulen mellor polo mesmo.
Desenvolvemento da campaña
Os monitores, debidamente formados, irán identificadas con chalecos reflectantes que fan alusión á campaña e terán acceso a toda a flota de vehículos. O asesoramento centrarase en catro puntos fundamentais: como comportarse antes de subir ao bus, cal é a mellor maneira para acceder ao bus, como estar dentro do vehículo e como descender.
Descargar todas as imaxes