Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 21 xul 2016
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 22 DE XULLO DE 2016.

ALCALDÍA
1.- Proxecto de convenio de colaboración coa asociación "Rede de mulleres veciñais contra os malos tratos". Expte.14044/101.

BENESTAR SOCIAL
2.- Proxecto de convenio de colaboración coa "Asociación española contra el cáncer" (AECC), para a execución dun programa de atención psicosocial. Expte. 122862/301.

DEPORTES
3.- Proposta de aprobación do Proxecto de instalación de pavimento deportivo elástico na pista vermella do complexo deportivo das Travesas. Expte. 15223/333.

4.- Proposta de aprobación do Proxecto de instalación de pavimento deportivo elástico na pista vermella do complexo deportivo de Teis. Expte. 15222/333.

5.- Expediente de contratación para a adquisición, posta en funcionamento e mantemento de desfibriladores semiautomáticos externos para instalacións deportivas municipais, así como formación e acreditación do persoal para o seu uso. Expte. 112/611.

EMPREGO
6.- Proposta de aceptación de subvención da Consellería de Traballo e benestar para a execución do programa integrado para o emprego, "Vigo integra IV". Expte. 13034/77.

EDUCACIÓN
7.- Proposta de adxudicación, expediente de contratación para a subministración de gas natural para as instalacións dos colexios, escolas infantís e dependencias do Concello de Vigo. Expte. 17125/332.




PARTICIPACIÓN CIDADÁ
8.- Proxecto de convenio de colaboración coa Fundación IGUAL ARTE, para o fomento das actividades da entidade. Expte. 7372/320.

9.- Proxecto de convenio de colaboracon coa "Asociación de personas sordas de Vigo" pola contratación dun/dunha intérprete de lingua de signos a tempo parcial. Expte. 7346/320.

SEGURIDADE E MOBILIDADE
10.- Dar conta da relación de contratos menores 1º semestre 2016. Expte. 98094/210.

SERVIZOS
11.- Proposta de autorización de inicio de expediente de modificación do proxecto das obras de "Renovación de Redes de Abastecemento e Saneamento en Av. García Barbón. Fase I". Expte. 2566/440.

12.- Rogos e preguntas.

DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día vinte e dous de xullo de 2016, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese aos Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á Secretaria do Goberno e aos demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para os efectos de información.

Vigo, 20 de xullo de 2016.

O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Olga Alonso Suárez.