Concello de Vigo e Aqualia presentan SMART Aqua, a aplicación para todas as xestións relacionadas co Servizo de Augas
O segundo tenente de alcalde e concelleiro de Fomento, David Regades, presentou este luns a aplicación "intuitiva, segura e gratuita" que amplía o proxecto "Smart City" do goberno de Vigo. SMART Aqua permite comunicar directamente as incidencias ou avarías ao incluír un sistema de xeolocalización.