Escoitar

Vigo ve avalada a súa proposta de zonas de gran afluencia turística

O alcalde vigués informou este xoves da publicación no DOG da resolución autonómica que valida a proposta do Concello de declarar como zonas de gran afluencia turística o Casco Vello e a zona vella de Bouzas. Caballero amosouse "satisfeito" pola aceptación dunha proposta municipal "pactada coas asociacións"

xoves, 21 xul 2016
Abel Caballero informou este xoves da aceptación autonómica da proposta do Concello de Vigo para declarar estes dous espazos da cidade como zonas de gran afluencia turística. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da Consellería.

Segundo recordou o alcalde esta mañá, o goberno de Vigo pactou co sector delimitar as zonas vellas de Bouzas e do Casco Vello vigués como espazos de gran afluencia turística, onde se libera o horarios comerciais todos os días ata as dez da noite.

A declaración de zona de gran afluencia turística terá unha vixencia de cinco anos, prorrogables por idénticos periodos a iniciativa municipal, apuntou Caballero, quen se mostrou "satisfeito" pola validación da delimitación.