Escoitar

O goberno local inviste 220.000 euros na renovación do pavimento dos pavillóns de As Travesas e Teis

Abel Caballero deu conta esta mañá de venres dun investimento de 220.000 euros para renovar o pavimento elástico dos pavillóns de As Travesas e Teis, un montante ao que hai que sumar outros 38.000 euros para a adquisición de desfibriladores semiautomáticos que se colocarán en catorce instalacións deportivas.

venres, 22 xul 2016
O goberno local aprobou os proxectos de instalación de pavimento deportivo elástico nos pavillóns de As Travesas e Teis. Cun orzamento de 107.278,25 euros e de 112.271, 74 euros, respectivamente, o prazo aproximado de execución é de tres meses. Seguindo con temas deportivos, a Xunta de Goberno tamén deu luz verde á contratación para adquisición, posta en funcionamento e mantemento de desfibriladores semiautomáticos externos para instalacións deportivas municipais, así como para a formación e acreditación de persoal para o seu uso. O importe máximo do contrato será de 38.000 euros e se instalarán nas seguintes dependencias: complexo Deportivo a ETEA; Pavillóns de Teis, Coia, Lavadores, Bouzas, Candeán, Coruxo, Castrelos, Carballal, Valadares; Estadio de Atletismo de Balaídos; Campo de fútbol municipal de Bouzas, de Castrelos e de Sárdoma.

O rexedor tamén deu conta da validación do proxecto de colaboración coa Asociación Rede de mulleres veciñais contra os malos tratos, dotado de 15.000 euros para cooperar coa organización das súas actividades sociais. Asimesmo, deuse luz verde á outro convenio, de 7.000 euros, neste caso cona Asociación española contra o cantro (AECC) para a execución dun programa de atención psicosocial.

Tal e como explicou o rexedor, a Fundación IGUALARTE recibirá 10.000 euros, mentres que a Asociación de persoas xordas de Vigo contará con 6.000 euros para a contratación dun/dunha intérprete de lingua de signos a tempo parcial.