Escoitar

O alcalde reclama non dar por perdido a Maersk e apunta que "a realidade da eficiencia sinala a Vigo"

Abel Caballero participou este venres no consello extraordinario do Porto de Vigo convocado pola saída da cidade dun importante volume de contedores de Maersk. O rexedor vigués advirte dunha perda de eficiencia e competitividade polo incremento de custos e pide sentarse a falar coa compañía danesa.

venres, 15 abr 2016
ras a sesión deste venres do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo para analizar este problema "tan serio e tan importante", o alcalde vigués considerou o abandono dunha parte central dos contedores da compañía como unha decisión "perxudicial ata para Maersk", que suporá un incremento de custos para empresas de sectores como a pesca conxelada ou a pedra.

Caballero explicou que o número de contedores que podería saír de Vigo require tamén dun importante número de servizos portuarios, entre os que citou o exemplo da axilidade nos Puntos de Inspección Fronteriza (PIF). O rexedor indicou que o Porto de Vigo conta con oito bocas para a inspección polas dúas de Marín, o que, engadido aos maiores custos de transporte, significará "menos eficiencia".

"Non é un problema só de empresas, é un problema de territorio", aseverou o primeiro edil, quen ve "un sistema ineficiente" e cre que "hai que tratar con Maersk a solución e non podemos dalo por perdido, hai que dialogar e convencer, desde a nosa industria, de que a decisión é mala".

"O Porto de Vigo ten todo o apoio do alcalde para levar adiante a súa acción para restituir a situación", avanzou Caballero, accións entre as que citou o planteamento vigués ante Portos do Estado de que entre os portos de Vigo e Marín non se está a aplicar as reglas da libre competencia. "Con todo o respecto a todo o mundo, cremos que a realidade da eficiencia e da competencia sinala a Vigo", concluíu o alcalde.