Vigo acolle a preestrea do filme "Toro" que se rodou en parte na cidade
A película dirixida por Kike Maíllo, con Luís Tosar e Mario Casas como protagonistas principais foi presentada en rolda de prensa no Auditorio Mar de Vigo e, aínda que chegará ás carteleiras o 22 de abril, poderá verse hoxe nun pase especial para o público vigués. Abel Caballero destacou a capacidade do cine para "mobilizar unha parte da cultura" e sinalou que a rodaxe foi foco de atracción turística.
O equipo de "Toro" regresou a Vigo para presentar o resultado da rodaxe deste thriller de acción, dirixido por Kike Maíllo, que se realizou en diversas localizacións da cidade como o porto de Canido, o entorno da Estación Marítima, as rúas Colón e Areal, Tomás Alonso e Soler, a Avenida de Castelao ou a a VG-20.
Luís Tosar encabeza un reparto no que están as actrices Ingrid García e Claudia Canal e o actor Mario Casas, todos presentes na rolda de prensa celebrada hoxe no Auditorio Mar de Vigo e na que o alcalde felicitou ao equipo desexándolle boa sorte ao filme. Ademais, Caballero sinalou que a rodaxe foi un foco de atracción turística para a cidade e puxo en valor a "revolución" que implica o cine ao "mobilizar unha parte moi importante da cultura".
A película, que narra o reencontro de dous irmáns con problemas coa xustiza despois de cinco anos durante 48 horas de acción frenéticas, chega ás carteleiras o próximo 22 de abril pero Vigo acolle hoxe a preestrea cun pase nos cines do Centro Comercial Gran Vía.
Descargar todas as imaxes