Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 14 abr 2016
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 15 DE MARZO DE 2016.


1.- Acta da sesión ordinaria e extraordinaria e urxente do 1 de abril de 2016.

BENESTAR SOCIAL
2.- Resolución de recursos potestativos de reposición en relación co Programa municipal de axudas extraordinarias a familias para gastos de aloxamento, subministros e alimentación-2015. Desestimación. Expte. 102893/301.

CONTRATACIÓN
3.- Clasificación de ofertas para a contratación dos servizos de conservación e reposición de zonas verdes do Concello de Vigo. Expte. 7614/446.

4.- Clasificación de ofertas para a contratación da explotación do servizo de cafetería e de máquinas expendedoras de bebidas e sólidos no Parque das Ciencias de Vigo. Expte. 6603/12.

DEPORTES
5.- Proposta de autorización para a organización do evento "2º Corre polo noso mundo, a nosa dignidade e o noso futuro", o vindeiro 24 de abril de 2016. Expte. 14863/333.

6.- Proposta de autorización para a organización da "10ª Carreira-Andaina Happygorunning" o 24 de abril de 2016. Expte. 14864/333.

7.- Proposta de autorización para a organización do "XXXVII Cross Escolar Mosteiro Bembrive" o vindeiro 17 de abril de 2016. Expte. 14865/333.

DIRECCIÓN DE INGRESOS
8.- Dar conta da resolución do concelleiro-delegado de Orzamentos de Facenda, do 18.03.16, pola que se aproba o Padrón Fiscal do Imposto de vehículos de tracción mecánica para o ano 2016. Expte. 49289/511.

EMPREGO
9.- Proposta de promoción do proxecto empresarial "Bluscus" para a súa presentación ao Programa de Iniciativas Locais de Emprego (ILEs) da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Expte. 12776/77.



MEDIOAMBIENTE
10.- Prórroga do contrato de prestación do Servizo de mantemento integral dos Cemiterios municipais de Beade, Bembrive, Cabral, Lavadores, Candeán, Pereiró, Teis e Zamáns. Expte. 8700/255.

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
11.- Dar conta da relación de expedientes de contratación tramitados polo réxime de contrato menor no Servizo de Normalización Lingüística durante os meses de xaneiro, febreiro e marzo de 2016. Expte. 2086/334.

PATRIMONIO
12.- Prórroga do contrato de responsabilidade civil e patrimonial do Concello e os seus organismos autónomos. Expte. 250/242.

POLICÍA LOCAL
13.- Dar conta da relación de expedientes tramitados polo réxime de contrato menor pola Xefatura da Policía local durante o primeiro trimestre do ano 2016. Expte. 48030/212.

RECURSOS HUMANOS
14.- Execución das previsións da disposición adicional duodécima da LPXE 2016 sobre devolución de 91 días devengados da paga extraordinaria correspondente ao mes de decembro de 2012. Expte. 27828/220.

15.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios do persoal dos distintos servizos correspondente aos meses de outubro de 2015 e febreiro de 2016. Expte. 27880/220.

16.- Dar conta de Resolución do concelleiro-delegado de Xestión municipal e Persoal:

a) Cambio de adscrición da empregada municipal Dna. Laura Montemuíño Lago, con praza e posto de auxiliar administrativa adscrita ao servizo de Xefatura da Xerencia de Urbanismo, ao servizo de Extinción de Incendios. Expte. 27812/220.

b) Solicitude de permiso retribuído en base ao art. 16 do vixente acordo regulador, de Dna. Beatriz Alonso Asenjo, funcionaria de carreira adscrita á Área de Servizos Xerais. Expte. 27907/220.

c) Encomenda de funcións de Dna. María J. Rodríguez Martínez. Expte. 27794/220.

d) Solicitude de permiso non retribuído de sete meses de D. Marcos Rojo Alonso, policía local adscrito ao Corpo da Policía Local. Expte. 27855/220.

e) Solicitude de autorización de realización de prácticas universitarias no servizo VIGOZOO á alumna da "Universidad Alfonso X El Sabio", Dna. Eugenie Marie-Mylene Ducoudre Huguet. Expte.: 27900-220.

d) Solicitude de autorización de realización de prácticas universitarias na Escola Municipal de Teatro de Vigo ao alumno de Máster de Artes Escénicas da Universidade de Vigo, D. Julián Rodríguez Novo. Expte. 27936/ 220.


TESOURERÍA-RECADACIÓN
17.- Expediente de contratación de Servizos de colaboración integral na xestión recadatoria do Concello de Vigo, mediante sistemas de cobro: presencial, autoservizo e telemático, así como a prestación de servizos bancarios de gagos, e apertura dunha oficina institucional. Expte. 16026/541.

TURISMO
18.- Proxecto de convenio de colaboración coa Federación Española de Familias numerosas para a obtención do "Selo Turismo Familiar". Expte. 6023/104.

URBANISMO
19.- Encomenda de funcións e complemento de produtividade para os arquitectos de obras e proxectos municipais da XMU. Revisión do Estado de instalacións deportivas. Expte. 8693/407.

20.- Aceptación e formalización de cesión para vial na avda. de Madrid nº 197. Expte. 84171/421.

XUVENTUDE
21.- Rectificación de erros no Proxecto de convenio coa Asociación Veciñal e Cultural de Lavadores para o desenvolvemento dun Programa de dinamización Infantil e Xuvenil. Expte. 4316/336.

22.- Proxecto de convenio coa Asociación de Familias de persoas con parálise cerebral (APAM) para o desenvolvemento dun Programa de dinamización infantil e xuvenil concretado nunha Ludoteca inclusiva. Expte. 4611/336.

23.- Rogos e preguntas.

DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 15 de abril de 2016, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.
Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á Secretaria do Goberno e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.

Vigo, 12 de abril de 2016.


O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Olga Alonso Suárez.