Escoitar

Inauguración exposición "Teatro Keyzán. 50 anos de creación escénica. Vigo 1966-2016"

Este xoves 14 de abril, ás 20:00 h, inaugúrase na planta baixa da Casa das Artes (r/ Policarpo Sanz, 15) a exposición "Teatro Keyzán. 50 anos de creación escénica. Vigo 1966-2016", promovida pola Concellería de Cultura.

xoves, 14 abr 2016
1460626538teatrokeyzan.jpg
A exposición ten como obxectivo achegarse á traxectoria do Teatro Keyzán e á figura do seu fundador Maximino Fernández Queizán, quen comezou como actor a finais dos anos cincuenta na universidade e que, co andar do tempo, converteuse nun referente na dirección teatral en Galicia nas tres décadas seguintes. A súa traxectoria permitiranos percorrer a evolución da posta en escena teatral na nosa cidade, nun periodo en que se estaba a dar unha renovación formal e estética e que daría lugar á creación de novos públicos.

Dende a creación en 1964 do Teatro de Cámara da Academia Victoria por parte de Maximino, pasando pola creación do Teatro Popular Galego e o Teatro Popular Keyzán, foise conformando unha colección de elementos que permiten reconstruir ese periodo teatral. Durante cincuenta anos, todos aqueles obxectos que formaron parte desta colección permítennos lembrar unha parte esencial da memoria teatral de Vigo.

Maximino F. Queizán é o propietario desta compilación que quere compartir coa cidade nesta exposición temporal e que resultará de interese, sen dúbida ningunha, pola súa variedade, calidade e valor estétito-orixinal, así como polo seu compoñente histórico e sentimental.

A exposición permanecerá aberta ao público ata o 29 de maio de 2016.
Descargar todas as imaxes

Máis información