O rexedor apoia a "eventual integración" de Ponte Caldelas na Área Metropolitana
O rexedor vigués recibiu este venres ao seu homólogo de Ponte Caldelas, Andrés Díaz Sobral, para abordar a relación entre os dous municipios e a posible incorporación deste último ao entre supramunicipal, unha solicitude que, de producise, apoiará Abel Caballero porque "socioloxicamente Ponte Caldelas forma parte da área de Vigo e será moi bo" para ambos.