O alcalde garante aos organizadores Navalia o apoio do Concello para a edición de 2016
Abel Caballero participou esta mañá no Comité Executivo de Navalia, Feira Internacional da Industria Naval de Vigo, que celebrará o ano que ven a súa sexta edición. O alcalde de Vigo trasladou aos organizadores o total apoio do Concello a un evento que aspira a xerar un beneficio superior aos dez millóns de euros na súa próxima cita na cidade, desde o 24 ao 26 de maio de 2016.