Caballero reclama que a futura reforma da Constitución recolla as competencias municipais

O alcalde de Vigo e novo presidente da FEMP, Abel Caballero, avoga porque o Goberno de España derogue a Lei Reguladora de Bases de Réxime Local e porque se reforme a Constitución de xeito que inclúa as competencias municipais.

luns, 21 set 2015
Caballero, en referencia ao apoio que obtivo a súa candidatura ao ser elixido presidente da FEMP, explicou que este resultado deixa claro o rexeitamento "inmenso, masivo e maioritario dos concellos de España á reforma de Lei de Bases de Réxime Local que fixo o Goberno de Rajoy". En declaracións aos medios, recalcou a urxencia de que esta norma sexa desbotada inmediatamente, ao tempo que apuntou que "se lles deixaran votar aos concellos do PP en segredo, habería un respaldo á retirada da lei superior ao 90%".

o alcalde de Vigo defende que os concellos de España son Estado, iugal que as comunidades autónomas e o Goberno de España polo que "reclamamos que os que na futura reforma da Constitución estean presentes os concellos, cos seus dereitos, a súas competencias e novos sistemas de lexislación". Con este obxectivo, desde a FEMP traballarase desde a cooperación, con reivindicación e man tendida", avanzou.