martes, 4 feb 2014
Abel Caballero transmitiulle aos ex traballadores de Alfageme o apoio do Goberno local, tal e como quedara de manifesto no manifesto que asinaran todos os grupos políticos nun Pleno municipal. Esta mañá mantivo un encontro cun grupo de afectados que lle trasladaron a súa preocupación porque se enaxene o patrimonio da empresa e que eles non reciban todo o que se lles adeuda.
xoves, 16 xan 2014
O alcalde de Vigo respostará por escrito ao documento con peticións e suxerencias en materia social que hoxe lle entregaron representantes dos desempregados da CIG. Tal e como lles trasladou o rexedor, o Concello de Vigo é o que máis recursos adica á política social de toda España.
xoves, 5 dec 2013
Abel Caballero coida xustas ás reivindicacións dos traballadores de Freiremar cos que esta mañá mantivo un encontro no que lles trasladou o apoio total do Concello de cara a buscar solucións aos seus problemas xa que se sinten "indefensos" ante a actitude da empresa que está a vaciar a empresa para instalala noutro lugar. O alcalde insta á Xunta e a empresa a buscar solucións cos máis do centenar de traballadores afectados.
xoves, 5 dec 2013
O alcalde de Vigo achegouse hoxe ás carpas colocadas na rúa Príncipe con motivo do Día Mundial do Voluntariado. Logo da entrega dun importante número de diplomas, Caballero alabou a solidariedade e o compromiso dos cidadáns de Vigo que conseguiron que o número de voluntarios municipais se incrementara nun 20% respecto do ano pasado.
xoves, 21 nov 2013
Abel Caballero acudiu este xoves ao Auditorio Municipal para a entrega de diplomas a 65 participantes do programa de emprego municipal "Imos Traballar 2", no que se forman 255 desempregados da cidade. Segundo informou Caballero, a porcentaxe de inserción laboral desta iniciativa supera o 50%.
xoves, 14 nov 2013
O alcalde mantivo este xoves unha reunión cos representantes do comité para abordar a situación que están a atravesar os empregados de limpeza do hospital. Abel Caballero trasladoulles o seu apoio á defensa das súas condicións laborais e indicou que os traballadores non poden pagar o coste da crise. "É unha reclamación xusta porque non piden nada descabellado senón permanecer como están", dixo Caballero ao tempo que amosou a súa preocupación polos efectos deste conflito nas concidións de hixiene do centro hospitalario.
luns, 11 nov 2013
O alcalde e reponsables da Asociación de Veciños do Casco Vello asinaron hoxe luns un convenio de cesión por dous anos dun local municipal emprazado no baixo de Cánovas do Castillo, n 2. Neste espazo da antiga escola de hostalería había antes unha sucursal de Caixanova e agora,tal e como explicou o rexedor, o local vai permitir ao colectivo veciñal dinamizar a súa actividade.
luns, 21 out 2013
Na apertura este luns do III Seminario galego das Mulleres Pensionistas de CCOO, o alcalde de Vigo avogou polo respaldo dos gobernos á laboura sindical, que está a ser obxecto dun "ataque frontal". Como exemplo, Caballero citou a mobilización impulsada polo Concello de Vigo e os sindicatos en defensa do naval.
venres, 18 out 2013
Así o anunciou este venres Abel Caballero, quen indicou que este proxecto de emprego está dotado con 160.000 euros de orzamento e un ano de duración desde este mes de outubro. "Vigo Integra" va dirixido a discapacitados, persoas en risco de exclusión social e desempregados, entre outros colectivos.
mércores, 16 out 2013
O alcalde de Vigo aceptou hoxe a invitación dos responsables de xubilados de Comisións Obreiras para participar na terceira edición do Seminario das Mulleres pensionistas, de ámbito galego. A cita será o próximo 21 e 22 de outubro no Hotel Coia.