Escoitar

O Concello adica un millón de euros a contratar a cen desempregados durante seis meses

A Xunta de Goberno Local aprobou o proceso de selección do programa Vigo Emprega 2014 que permitirá crear 100 postos de traballo durante seis meses. O millón de euros desta iniciativa forma parte dos 5,3 millóns que o goberno local consignou para emprego no documento de orzamentos de 2014.

venres, 14 feb 2014
Abel Caballero deu conta hoxe venres da aprobación das bases do proceso de selección de Vigo Emprega 2014 que dará traballo a cen desempregados durante seis meses. Este plan, dotado dun millón de euros, forma parte da partida adicada a emprego no orzamento de 2014, cunha cuantía de 5,3 millóns de euros. Unha cifra á que hai que supar os programas keinesianos de xeración de emprego, explicou o rexedor quen insistiu en que a loita contra o desemprego é o principal obxectivo de 2014.

A Xunta de Goberno tamén deu luz verde aos convenios coas tres centrais sindicais e coa Cep para o programa Imos Traballar.