Escoitar

O goberno local asina o contrato de realoxo temporal urxente da familia desafiuzada en Pizarro

A Xerencia municipal de Urbanismo adxudicou o contrato de realoxo temporal urxente nunha vivenda municipal na rúa Anduriña, contrato que foi asinado este mesmo venres pola tenente de alcalde, Carmela Silva. O alcalde recordou que o borrador de orzamentos do Concello inclúe 600.000 euros para axudas ao alquiler de persoas con poucos recursos.

venres, 14 feb 2014
A tenente de alcalde, Carmela Silva, rubricou este venres cos afectados o realoxo da familia desafiuzada por impago de aluguer dun piso na rúa Pizarro, que poderá acceder a unha vivenda municipal da rúa Anduriña logo de que a Xerencia de Urbanismo adxudicara esta mañá o contrato e o pasado venres aprobara o expediente.

Abel Caballero quixo enfatizar "o empeño e a vontade política do goberno municipal" para que as persoas con escasos recursos poidan acceder a unha vivenda en aluguer a prezo "módico" nunha veintena de pisos municipais en Navia e, como neste caso, un prezo "simbólico" para esta familia "que non ten recursos".

O alcalde -que se pregunta "que fai a Xunta de Galicia que é a responsable desta competencia"- recordou que o borrador de orzamento do Concello inclúe unha partida de 600.000 euros para "facilitar" o aluguer das persoas con dificultades, "ante a pasividade da Xunta de Galicia".

Por outra parte, o rexedor informou das 15 licenzas de obra e 3 de actividade que pasaron hoxe pola Xerencia de Urbanismo, para un investimento próximo ao medio millón de euros. Caballero salientou a autorización concedida ao Consorcio do Casco Vello para o derrubo dunha edificación en Subida a Costa, requerindo a conservación da fachada.