mércores, 12 feb 2014
Un incremento de máis do 50% nas achegas ao deporte de base e a ampliación dos coidadores de barrio a 8 zonas da cidade son algunhas das partidas concretas que o rexedor destacou hoxe mércores . Concretamente dixo que o servizo de coidadores pasará a prestarase en Lavadores, Bouzas, Miñoca-Balaídos, Travesas-Praza Independencia, Teis e Navia, ademais de seguir funcionando no Calvario e no Casco Vello, neste caso, ampliándose ata a zona de Torrecedeira.
mércores, 12 feb 2014
O alcalde, Abel Caballero, e o secretario xeral de Anfaco, Juan Manuel Vieites, mantiveron este mércores unha reunión na que o rexedor asegurou a cooperación do Arquivo Pacheco para esta mostra, que terá lugar en outubro. Caballero tamén lle trasladou que a confluencia de Beiramar coa rúa Coruña será bautizada como a Praza da Industria Conserveira.
mércores, 12 feb 2014
Máis de 1.500 nenos e nenas de Primaria, entre 6 e 12 anos, pertencentes a 14 colexios da cidade participaron neste certame baixo a temática "Un bonito sono no Nadal". O alcalde entregou os premios aos 13 galardoados no Concurso, onde destacou a participación do Colexio Apóstol (con 470 debuxos) e do Colexio de Educación Especial Saladino Cortizo (cunha alumna entre os premiados).
mércores, 12 feb 2014
Durante o mes de febreiro exporase na biblioteca unha mostra bibliográfica relacionada co mundo da pintura, en especial a pintura dos séculos XIX e XX e as diferentes correntes artísticas das vangardas que deron en chamarse "ISMOS".