Os orzamentos de 2014 permitirán ampliar os coidadores de barrio a 8 zonas da cidade
Un incremento de máis do 50% nas achegas ao deporte de base e a ampliación dos coidadores de barrio a 8 zonas da cidade son algunhas das partidas concretas que o rexedor destacou hoxe mércores . Concretamente dixo que o servizo de coidadores pasará a prestarase en Lavadores, Bouzas, Miñoca-Balaídos, Travesas-Praza Independencia, Teis e Navia, ademais de seguir funcionando no Calvario e no Casco Vello, neste caso, ampliándose ata a zona de Torrecedeira.
O alcalde de Vigo enfatizou hoxe mércores os 11 millóns de euros que se adican a deportes no borrador de orzamentos de 2014, 300.000 máis que en 2013. Concretamente, o mantemento de instalacións sube un 27%, mentres que o desenvolvemento da actividade deportiva increméntase nun 10%. As subvencións tamén ascenden nun 5%, aumentan de 600.000 a 950.000 o apoio ao deporte de base, o que supón máis dun 50%, ao tempo que se mantén en 390.000 as subvencións para entidades de élite. Ademáis, hai que incluir a inversión público-privada do complexo deportivo de Navia.
Outro dos apartados que o alcalde quixo destacar son os Cuidadores de Barrio, un programa "de gran éxito no orzamento anterior". Tal e como explicou no 2013, a iniciativa desenvolveuse no Casco Vello e Calvario pero, tal e como contemplan os orzamentos de 2014, este servizo ampliarase a zonas como Lavadores, Bouzas, Miñoca-Balaídos, Travesas-Praza Independencia, Teis e Navia.
Dentro da partida de ensino, o rexedor subliñou o 1,8 millóns de euros destiñados a bolsas de libros e comedor, un 9,05% máis que en 2013 e 330.000 euros máis que en 2012 (un 18% máis). Ademáis, puntualizou, a partida deste curso incrementouse en 97.000 euros para dar cobertura á lista de espera polo que, nestes momentos e "por primeira vez na historia", non hai solicitudes de ningún neno por atender na cidade. No ano 2013, o Concello deu 4.996 bolsas e neste curso ese número vai ascender ata ás 5.500 bolsas.
Rematou o alcalde lembrando os dous millóns de euros adicados a cheques sociais, dos que 600.000 euros serán para cheque de aluguer e sendos cheques de 700.000 euros para alimentos e carencia enerxética.
Respecto dos prazos de tramitación do documento, Caballero explicou que "os grupos da oposición xa teñen o documento nestes momentos" e avanzou que el mesmo establecería contacto cos voceiros para fixar a fórmula de establecer as negociacións.
Descargar todas as imaxes