Escoitar

O alcalde "anima" a toda a cidanía a saír á rúa en defensa da sanidade pública

Caballero destacou hoxe xoves a importancia de acudir á manifestación organizada pola Plataforma en defensa da sanidade pública que sairá ás 20,00 horas da Praza de España. En rolda de prensa avanzou a presencia nesta marcha da voceira socialista no Congreso dos Deputados, da tenente de alcalde, Carmela Silva así como a do propio rexedor.

xoves, 13 feb 2014
Abel Caballero participará esta tarde na manifestación en defensa da sanidade pública que sairá ás 20,00 horas da Praza do Rei. Así o avanzou esta mañá en rolda de prensa o rexedor quen "animou" a toda a cidade a participar nunha marcha organizada pola Plataforma en defensa da sanidade pública na que tamén estarán presentes a voceira socialista no Congreso, Soraya Rodríguez e a tenente de alcalde, Carmela Silva.