Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 13 feb 2014
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 14 DE FEBREIRO DE 2014.


1.- Acta da sesión ordinaria e extraordinaria e urxente do 31 de xaneiro de 2014.

CONTRATACIÓN
2.- Proposta de autorización da transmisión da concesión demanial da xestión e explotación no aparcadoiro e locais comerciais no subsolo da Praza de D. Francisco Fernández del Riego e mantemento e conservación da mesma. Expte. 4564/241.

3.- Corrección de erro no acordo da X.Goberno local do 19.12.13 sobre "adxudicación do procedemento para a contratación do Servizo de Teleasistencia" (prezo unitario). Expte. 82392/301.

CULTURA, FESTAS E MUSEOS
4.- Préstamo temporal das obras "O Pontigo" e "Cidade de Holanda nevada" á Fundación Cidade da Cultura de Galicia. Expte. 4897/337.

DEPORTES
5.- Proposta autorización pra a organización do "I Open de andainas 25 Km" pola cidade de Vigo, o vindeiro 16 de marzo. Expte. 12893/333.

EMPREGO
6.- Selección de persoal traballador beneficiario e relación de obras a desenvolver no Programa "Vigo Emprega 2014". Expte. 10654/77.

7.- Proxecto de convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e as entidades CCOO, CEP, CIG e UGT para a realización do proxecto Imos Traballar 2 por ampliación da subvención do mesmo. Expte. 10782/77.

MONTES PARQUES E XARDÍNS
8.- Proxecto de convenio marco de colaboración entre a Asociación Española de Parques y Jardines Públicos" e o Concello de Vigo para o desenvolvemento da plataforma "vivirlosparques". Expte. 7492/446.

MULLER
9.- Marco de actuación do "Programa de axudas económicas para mulleres vítimas de violencia de xénero" ano 2014. Expte. 6203/224.



RECURSOS HUMANOS
10.- Nomeamento interino por acumulación de tarefas dun/dunha auxiliar de admón. Xeral, (EBEP art. 10.1.d) por un período de seis meses para o servizo de Comercio. Expte. 24783/220.

11.- Complemento de productividade por conducir maquinaria pesada persoal Parque Mobil correspondente ao 4º Trimestre 2013. Expte. 24801/220.

12.- Reclamación diferencia funcións de D. Carlos Leiros Orge. Expte. 24387/220.

13.- Para dar conta da aceptación da renuncia de D. Oscar Tinoco Barcia (Capataz albanel programa Vigo-Emprega). Expte. 24845/220.

SERVIZOS
14.- Dar conta da tramitación do expediente "Reposición das redes de saneamento e abastecemento na rúa Camelias. Fase 2 (Ourense-Doutor Marañón). Expte. 2331/440.

15.- Rogos e preguntas.

DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 14 de febreiro de 2014, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.

Vigo, 12 de febreiro de 2014.

O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Dª. Mª Jesús Lago Rey.