O Concello adica 1,5 millóns de euros a escolas infantís e duplica o número de prazas desde 2007
Vigo conta con seis escolas infantís funcionado, unha maís, a de Mestres Goldar, a piques de rematar e contará coa de Navia antes de que finalice este ano. Esta cifra supón, segundo explicou o rexedor, duplicar o número de garderías operativas no 2007. Os orzamentos de 2014 reservan 1,5 millóns nesta partida.
Abel Caballero visitou hoxe venres a Escola Infantil de Lavadores, un dos seis centros municipais que funcionan na cidade, aos que se vai sumar o de Mestres Goldar en breve e o de Navia, antes de que remate o ano. Así o explicou o rexedor logo dunha visita ás instalacións da Escola Infantil de Lavadores, na que estivo acompañado pola voceira socialista no Congreso dos Deputados, Soraya Rodríguez, a tenente de alcalde, Carmela Silva e varios concelleiros do goberno local.
Tal e como apuntou, Vigo, duplicou o número de garderías e de prazas desde o ano 2007 e resaltou o feito de, en promedio, cada alumno goza dunha subvención por riba do 80 por cento do custo da praza. Concretamente, lembrou o alcalde, a partida para este apartado no documento de orzamentos de 2014 ascende a 1,5 millóns de euros. Trátase, dixo, de facer política social facilitando a conciliación familiar a traballadores, rendas baixas ou parados. A modo de exemplo, insistiu, unha cidade similar en termos de poboación, como poder ser Valladolid, ten a metade de escolas infantís e e metade de prazas que Vigo.
Descargar todas as imaxes