O rexedor reitera o "apoio" do Goberno local aos ex traballadores de Alfageme

Abel Caballero transmitiulle aos ex traballadores de Alfageme o apoio do Goberno local, tal e como quedara de manifesto no manifesto que asinaran todos os grupos políticos nun Pleno municipal. Esta mañá mantivo un encontro cun grupo de afectados que lle trasladaron a súa preocupación porque se enaxene o patrimonio da empresa e que eles non reciban todo o que se lles adeuda.

martes, 4 feb 2014
1391518600alfageme.JPG
O alcalde de Vigo escoitou hoxe as preocupacións dun grupo de ex traballadores de Alfageme, en concurso de acreedores, que temen que se enaxene o patrimonio da empresa e non chegue para cubrir as cantidades que lles adeuda a empresa. Ao longo do encontro, explicou o rexedor, transmitiulles o seu apoio ao tempo lles aclarou que os prantexamentos que lle fixeron sobre compra dos terreos non son viables porque exceden as competencias municipais.

En todo caso, puntualizou que o espazo no que está ubicada a empresa está ben definida no PXOM ao tempo que, "no ámbito que o xuíz decida", precisou, animounos a buscar compradores que poidan facerse cos terrenos cunha valoración a prezo do mercado.
Descargar todas as imaxes