BARRIOS ESPAZOS DE VIDA: A experiencia de Coia
No seu afán de converterse nun centro de referencia, formación e información da cidade, a Biblioteca Xosé Neira Vilas exporá nas súas instalacións unha mostra ao redor do patrimonio de Vigo. Partindo do exemplo de Coia verase como cambia un barrio ao longo da historia. Esta actividade compleméntase cunha serie de conferencias e unha actividade para público infantil. Do 3 de febreiro ao 1 de marzo
As xornadas a desenvolver na biblioteca pretenden ser unha posta en común do que fomos e do que somos; ademais, recapacitarase sobre o devir do barrio e o futuro por construír, no que a implicación dos cidadáns resultará fundamental. Ollar para o pasado, analizar o presente e reflexionar sobre o futuro.
- Martes, 4 de febreiro ás 19.30 h : A Coia tradicional, dende as súas orixes ata o século XX
Por Eduardo Rodríguez Saiz
Coia non foi sempre un barrio ateigado de rúas e edificios: ata hai poucas décadas era unha das tantas parroquias rurais que existían no Val do Fragoso. Se retrocedemos aínda máis na Historia, descubrimos as pegadas das xentes que habitaron a Coia tradicional: unhas poucas ferramentas de pedra, unha pequena aldea castrexa, algunhas villae tardorromanas, indicios dun poboamento medieval apenas intuído… Nalgúns casos os ecos desas vellas sociedades subsistiron en forma de restos arqueolóxicos.
- Martes, 11 de febreiro ás 19.30 h Das leiras aos grandes bloques
Por Eduardo Rodríguez Saiz / Diego Lores Correa
Os anos 60 supuxeron o final da paisaxe rural que durara tantos anos. Nesas datas, o Ministerio da Vivenda franquista encarga a urbanización destas terras (Plan Parcial del Polígono de Coya de 1963), denominándose a partir de agora Polígono de Coia. O arquitecto Desiderio Pernas executa gran parte dos novos edificios e dos equipamentos do incipiente espazo urbanizado, acertando plenamente coa concepción e execución dunha avenida de Castelao ancha e lineal, forxando un espazo urbano de gran calidade. A nova configuración urbanística unida á chegada de nova poboación (de orixe rural que viña a dotar de man de obra á industria florecente) carrexou a aparición de contradicións: o impacto do novo urbanismo sobre os nativos da Coia tradicional, os problemas socioeconómicos derivados da masificación, a falta de equipamentos para dar servizo aos novos habitantes…
- Martes, 18 de febreiro ás 19.30 h Do barrio que temos ao barrio que precisamos
Por Diego Lores Correa
A fractura social é cada día máis evidente, e nos barrios obreiros os seus habitantes están máis expostos ás súas consecuencias negativas. Os anos de deterioro dos lazos comunitarios, de individualismo, de consumismo, de inseguridade, de privatizacións... fixeron que estes espazos foran perdendo a súa forza coma xeradores de vida.
Partindo deste momento de mudanzas, queremos deternos e pensar -en común- que vida queremos/precisamos construír día a día na casa grande: o barrio.
- Martes, 25 de febreiro ás 18.00 h A experiencia de Coia PÚBLICO INFANTIL
Actividade para público infantil onde descubrirán o funcionamento dun barrio e como vai evolucionando ao longo dos anos, partindo do barrio de Coia como exemplo e vendo os seus cambios a través do tempo.
Para: público infantil dende 5 ata 12 anos.
Descargar todas as imaxes