Escoitar

O goberno local acometerá humanizacións por valor de 4,1 millóns con cargo a Aqualia

A Xunta Local de Goberno deu luz verde hoxe venres á aprobación da redacción dos proxectos de renovación de redes de saneamento e abastecemento por valor de 2,4 millóns con cargo ás inversións de Aqualia. Esta partida ampliaráse próximamente con novas humanizacións e o importe total do investimento da empresa concesionaria ascenderá a 4,1 millóns de euros.

venres, 31 xan 2014
1391172697Imagen005.jpg
O goberno local encargou a Aqualia a redaccion dos seguinte proxectos de renovación de redes de saneamento e abastecemento: entorno de Churruca -que cun importe de 763.000 euros incluirá Iglesias Esponda, Martín Códax, Irmandiños e Calexón Rogelio Abalde-; Ronda de don Bosco -de Eduardo Iglesias a Velázquez Moreno-, 520.987 euros; substitución de redes en distintas zonas do casco urbano, 692.000 euros; abastecemento da rúa Cantabria -entre avenida Aeroporto e Ramón Nieto, 300.000 euros; e, por último, saneamento de Casal de Abaixo, 144.000 euros. Estas obras supoñen un montante de 2,4 millóns, unha cifra que se verá incrementada ata os 4,1 millóns de euros, xa que con cargo aos investimentos de Aqualia tamén se van a acometer as humanizacións da rúa Moaña, Mestre Chané, Pontevedra -entre Areal e Rosalía de Castro e Serafín Avendaño.

Na mesma Xunta de Goberno extraordinaria tamén se deu luz verde ao Plan de Seguridade e saúde, así como ao nomeamento da dirección facultativa e da coordinación das obras de derribo do antigo restaurante As Dornas, en Samil. A contratación da demolición, que se prevé se inicie nun mes - foi adxudicada por 56.220 euros por un prazo de tres meses.

O executivo local aprobou, asemesmo, tres convenios de colaboración en emprego co Centro de Formación MEGA, o Centro de formación CEICA e a Fundación Formación e Emprego de CCOO para que alumnos destas academias de formación realicen prácticas profesionais non laborais no Concello. As especialidades da formación son administración e xestión; comercio e márketing e informática e comunicacións.
Descargar todas as imaxes