xoves, 30 xan 2014
Antes dun mes comezarán máis de vinte humanizacións en distintas zonas do centro e do rural de Vigo, segundo avanzou o rexedor hoxe xoves. Cun montante de 2,8 millóns de euros, iniciaránse entre outras, as obras da escola infantil de Navia, dotada de 717.000 euros.
xoves, 30 xan 2014
Así o salienta Caballero dun estudo elaborado polo Valedor do Cidadá, Luis Espada, sobre 2.000 enquisas realizadas na cidade. O índice de satisfacción vigués supera á de urbes como Barcelona, Madrid, Oviedo, Málaga, Munich, Estocolmo ou Zurich.
xoves, 30 xan 2014
O alcalde e o director artístico da orquestra, Javier Escobar, presentaron este xoves o Programa Sinfónico de Primavera da Vigo 430, que aposta polos músicos gallegos e trae á cidade a figuras de primeira orde nacional e internacional. O 9 de febreiro da comezo o certame no teatro García Barbón, con obras de Häendel e Bach.
xoves, 30 xan 2014
Durante o ano 2013, as arcas municipais destiñaron 450.000 euros a sufragar accións de potenciación do atletismo na cidade, segundo avanzou hoxe o alcalde quen esta tarde se reunirá con distintos clubs desta modalidade. Trátase, nas súas verbas, "da cifra máis alta da historia" para apoiar este deporte.
Exposición ‘Unha máquina desexa instrucións como un xardín desexa disciplina’<br />
Últimos días para visitar esta mostra, que se clausura o 2 de febreiro
xoves, 30 xan 2014
Este venres 31 de xaneiro,ás 19.30 h. o salón de actos del MARCO acollerá a proxección do filme Robinson in Ruins. Dirixida por Patrick Keiller, e coa voz de Vanessa Redgrave como narradora, a película documenta a viaxe dun personaxe de ficción polas terras do sur de Inglaterra. Patrick Keiller é un dos artistas participantes na exposición ‘Unha máquina desexa instrucións como un xardín desexa disciplina’, e a proxección da súa película marca tamén o fin desta mostra, que se clausura o domingo 2 de febreiro nas salas do 1º andar do MARCO. Serán pois os últimos días para visitar esta exposición, un proxecto comisariado por Catalina Lozano, gañadora da última edición do Premio para novos comisarios, e que tras a súa clausura en Vigo se exhibirá no FRAC Lorraine de Metz, Francia.