O alcalde felicita á dirección e traballadores de Barreras pola adxudicación do flotel de Pemex
Abel Caballero felicitou este mércores ao presidente e os traballadores do estaleiro Barreras, tras adxudicarse a construcción dun flotel para a mexicana PEMEX. Como requisito previo, o alcalde recordou que foi preciso solventar o problema xurdido co tax lease e, unha vez conseguido, a empresa ten demanda para iniciar a actividade e o emprego.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, trasladou esta mañá a súa felicitación á dirección e os sindicatos do estaleiro vigués Hijos de J. Barreras tras terse adxudicado a construcción dun flotel encargado pola mexicana PEMEX, a través da súa filial PMI. Caballero recoñeceu tamén o traballo da empresa e dos traballadores na consecución da incorporación de PEMEX ao accionariado de Barreras.
O rexedor vigués explicou que, para retomar a actividade no estaleiro, foi preciso resolver o concurso de acreedores no que estivo inmerso e solventar os problemas xurdidos co anterior sistema de bonificacións fiscais empregado polo sector naval, coñecido como tax lease. Unha vez feito, Barreras xa ten demanda para o inicio da actividade e para a xeración de emprego, segundo recalcou Caballero, quen afirmou que Pemex "en Vigo ten bos aliados".
Descargar todas as imaxes