O Concello reclama á Autoridade Portuaria permiso para realizar canalizacións na rúa Areal
O concelleiro de Fomento, David Regades, alertou este martes da paralización das obras da rúa Areal, pendentes dunha autorización do Porto para realizar duas canalizacións en terreo portuario. Tal e como indicou en rolda de prensa, unha delas é para albergar a rede semafórica do paso de peóns cara ao parque infantil e a segunda, para albergar o abastecemento que posibilite o regadío dos xardíns.
A Concellería de Fomento solicitou por primeira vez o 22 de abril de 2013 a autorización pertinente para actuar en terreo portuario durante o desenvolvemento das obras de humanización na rúa Areal. Así o explicou hoxe martes o edil responsable, David Regades, quen matizou que o pasado 8 de maio a Autoridade Portuaria dirixiuse ao Concello indicando a necesidade de contar con autorización arqueolóxica, pemiso que lle foi remitido o día 30 dese mesmo mes. Desde entón, exisitiron múltiples conversas técnicas e distintos requerimentos por parte do Concello, concretamente, os días 15 e 20 deste mesmo mes de xaneiro pero o certo é, precisou, que nestes momentos as obras están paradas.
Concretamente, a autorización solicítase para acometer dúas canalizacións, unha para a rede semafórica do paso de peóns que conecta co parque infantil e a segunda, para dar cabida ao abastecemento de auga para o regadío dos xardíns. En todo caso, engadiu, "trátase de zanxas de menos de 50 centímetros".
Regades criticou a falta de cooperación desde a Autoridade Portuaria "porque esta non é a lealdade coa que teñen que cooperar dúas institucións". Insistiu en que o Porto "ten que facer cidade e non ser un obstáculo" para un proxecto como o da humanización da rúa Areal, que xa están en fase moi avanzada.
Descargar todas as imaxes