venres, 31 xaneiro 2014

A Escola Municipal de Teatro presenta o programa "A Telón Quitao"

venres, 31 xan 2014

O programa "A telón quitao" é un espazo aberto a creatividade no que os alumnos/as da Escola Municipal de Teatro de Vigo (EMT) mostran as súas propias creacións artísticas.A próxima representación terá lugar o vindeiro venres 31 de xaneiro no auditorio da Escola Superior de Arte Dramático (ESAD), sito na rúa Poza Cabalo s/n, ás 18:30 horas. A entrada será libre ata completar o aforo.

Este sábado, performance de Claudia Dias no MARCO

venres, 31 xan 2014

Este sábado 1 de febreiro, o MARCO presenta unha nova proposta do ciclo ‘Material Memoria’ —programa de artes escénicas e cine comisariado por Pablo Fidalgo Lareo dentro da exposición VERANEANTES—, cunha performance da coreógrafa e creadora portuguesa Claudia Dias.Será ás 19.30 no Patio 1 (planta baixa)ENTRADA GRATUÍTA. Prazas limitadas ata completar aforo

Peche de tráfico con motivo das Festas de San Blas en Bembrive

venres, 31 xan 2014

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das FESTAS DE SAN BLAS EN BEMBRIVE, que se celebrará os vindeiros días 01, 02 e 03 de febreiro de 2014 permanecerán pechadas ao tráfico as rúas Igrexa, Estrada de Bembrive entre as rúas Cruz e rotonda de Eifonso, Monte Calvario no cruce con Mandín, Espedras con Devesa. (BEMBRIVE) , con acceso exclusivo para garaxes.