Apertura prazo de solicitudes para actuacións de bandas de música e agrupacións corais

A Concellería de Cultura e Festas informa da apertura do prazo de solicitude para contar coa actuación de bandas de música populares e/ou agrupacións corais, a través dos convenios de colaboración existentes coa Federación de Bandas de Música e con ACOPOVI, respectivamente.<br /> <br /> <br />

venres, 31 xan 2014
O prazo de admisión de solicitudes ábrese ata ás 13,30h do día 14 de febreiro do presente ano. O modelo-formulario está a disposición das entidades asociativas interesadas na oficina de Información situada na lonxa do Concello e nas web municipais (www.vigo.org) e (www.vigocultura.org).