Peche de tráfico con motivo das Festas de San Blas en Bembrive

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das FESTAS DE SAN BLAS EN BEMBRIVE, que se celebrará os vindeiros días 01, 02 e 03 de febreiro de 2014 permanecerán pechadas ao tráfico as rúas Igrexa, Estrada de Bembrive entre as rúas Cruz e rotonda de Eifonso, Monte Calvario no cruce con Mandín, Espedras con Devesa. (BEMBRIVE) , con acceso exclusivo para garaxes.

venres, 31 xan 2014
Peches de tráfico: Días 01 e 02, a partir das 10:00 horas: rúa Igrexa; día 03, a partir das 10:00 horas: rúas: Igrexa, Estrada de Bembrive entre as rúas Cruz e rotonda de Eifonso, Monte Calvario no cruce con Mandín, Espedras con Devesa.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.