Escoitar

O Concello dispón de 206 colectores soterrados que funcionan "a pleno rendemento"

O alcalde de Vigo deu conta hoxe venres da posta en funcionamento dos colectores soterrados de Teófilo Llorente, unha vez suspendida a visita á zona debido ao temporal de choiva. Segundo explicou en rolda de prensa, os 206 colectores soterrados cos que conta a cidade están operativos ao 100%.

venres, 31 xan 2014
Vigo conta con 59 illas, 101 equipos e 206 colectores funcionando "a pleno rendemento", segundo explicou hoxe venres o alcalde de Vigo a quen esta mañá a choiva lle obrigou a suspender a visita prevista ás instalacións de reciclaxe de Teófilo Llorente, que se veñen de poñer en marcha. Tal e como explicou o contrato de mantemento asinado no 2013 supuxo un aforro de preto dun 9% respecto do do ano 2012 e, ademais, garante a posta en marcha de todas as illas.