luns, 27 xan 2014
O Pleno da Corporación tomou coñecemento este luns do informe de Tesourería correspondente ao terceiro trimestre do 2013, documento que fixa en 25,11 días de media o prazo de pago aos proveedores desde a presentación da factura. "Non hai concello en España" que mellore o dato de Vigo, en verbas da tenente de alcalde, Carmela Silva.
luns, 27 xan 2014
Os votos de socialistas e nacionalistas coincidiron hoxe ao reclamar á Xunta que respecte o mapa sanitario vixente e que o CHUVI continúea a ser o hospital de referencia para as provincias de Pontevedra e Ourense. A moción defendida pola tenente de alcalde Carmela Silva, que incluíu unha engádega do BNG, foi rexeitada polo grupo do PP.
luns, 27 xan 2014
O Pleno da Corporación celebrado hoxe luns incluíu unha declaración institucional do Concello de Vigo instando á realización das xestións precisas ao obxecto de que a cidade sexa a sede da World Fishing Exhibition do ano 2016.
luns, 27 xan 2014
A Alcaldía de Vigo contará durante un mes aproximadamente cun C4 Picasso cedido por Citroën como vehículo oficial para a súa promoción. O rexedor coñeceu esta mañá de luns o coche no que se vai desprazar durante os próximos días e durante o acto, no que estivo acompañado pola tenente de alcalde, Carmela Silva, e outros concelleiros, destacou que se trata do vehículo máis vendido en España ao longo do ano pasado.