Escoitar

Pleno da Corporación

venres, 24 xan 2014
PLENO DO EXCMO.CONCELLO .- Núm. 2

CONVOCATORIA


ORDE DO DIA para a sesión ORDINARIA que terá lugar o día 27 de XANEIRO de 2014, ás NOVE HORAS, no salón de Plenos deste Concello.


PARTE RESOLUTIVA

1.- Actas anteriores: (Acta ordinaria do 25.11.2013 e extraordinaria do 19.12.2013).


2.- Declaracións institucionais.

2.1.- Declaración institucional do Concello de Vigo instando a realización das xestións precisas ó obxecto de que a cidade de Vigo sexa a sede da World Fishing Exhibition do ano 2016. Expte. 828/1101.


3.- Ditames das comisións informativas:


ECONOMÍA, FACENDA E EDUCACIÓN
3.1.- Dar conta do informe trimestral de Tesourería sobre o cumprimento dos prazos para o pago das obrigacións do Concello de Vigo previstos no TRLCSP e correspondentes ao 3º trimestre de 2013. Expte. 7257/540 (775/1101).


3.2.- Dar conta do informe do Interventor Xeral de avaliación do cumprimento do obxectivo de estabilidade orzamentaria. Prorroga dos orzamentos 2013 a 2014. Expte. 102281/140 (816/1101).


4.- Proposicións mencionadas no artigo 63 do regulamento do Pleno.


5.- Mocións:

5.1.- Moción do Grupo municipal Socialista, instando ao goberno do Estado a retirar a tramitación do Anteproxecto de Lei Orgánica que revisa a lexislación vixente sobre saúde sexual, reprodutiva e interrupción voluntaria do embarazo. Expte. 818/1101.

5.2.- Moción do Grupo municipal Socialista, instando ao goberno do Estado a supresión da Disposición adicional segunda e final terceira do Real Decreto-Lei, do 20 de decembro, polo que se eleva a base mínima de cotización para os autónomos societarios e outros acordos complementarios. Expte. 824/1101.

5.3.- Moción do Grupo municipal Socialista, instando á Xunta de Galicia a que manteña o mapa sanitario e que o Complexo Hospitalario Universitario de Vigo continúe a ser o hospital de referencia para nas provincias de Pontevedra e Ourense. Expte. 826/1101.


6.- Asuntos ou mocións urxentes.


PARTE DE CONTROL

1.- Toma de coñecemento dos acordos ou resolucións doutros órganos municipais ou de informes ou escritos que así o requiran.

1.1.- Dar conta de resolucións da Alcaldía.

1.2.- Dar conta de resolucións asinadas por concelleiros/as delegados/as.


2.- Coñecemento dos informes citados no art. 38.2.m.4º do Regulamento do Pleno.

3.- Comparecencias de membros da Corporación.


4.- Mocións.

4.1.- Moción do Grupo municipal do BNG instando ao Goberno Local a revisar e modificar as liñas, contrato e tarifas do transporte municipal, así como outros acordos complementarios. Expte. 817/1101.

4.2.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular instando ao Goberno Local a reducir o custo do transporte público e facilitar os intercambios a través de melloras nas terminais, así como outros acordos complementarios. Expte. 819/1101.

4.3.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular instando ao Goberno Local a facilitar a información referente aos plans de emprego concedidos á Federación veciñal "Eduardo Chao", así como á creación dunha Comisión de control e dun equipo de traballo. Expte. 820/1101.

4.4.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular instando ao Goberno Local a retomar o traballo da Concellería de Igualdade a prol das necesidades de tódolos vigueses/as. Expte. 822/1101.


4.a. Mocións urxentes de control do goberno municipal.


5.- Formulación de rogos.

6.- Formulación de preguntas.


DECRETO DE CONVOCATORIA:

Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes conclusos para a súa inclusión na orde do día, convócase ó Pleno da Corporación para ter lugar sesión ORDINARIA no salón de Plenos ás NOVE HORAS do día VINTE E SETE, para resolver os asuntos da devandita relación.

Se na primeira convocatoria non existira o quorum necesario, entenderíase convocada a sesión automaticamente á mesma hora dous días despois.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Corporación para a súa concorrencia puntual ó acto e fágase público no taboleiro da Casa do Concello ós efectos de información.
Vigo, 23 de xaneiro de 2011
O ALCALDE, O SECRETARIO XERAL DO PLENO,



Abel Caballero Álvarez José Riesgo Boluda.