Caballero insta a Xunta e Deputación a asumir a subvención do transporte público intermunicipal para os habitantes da área
O alcalde ratificou este xoves ao voceiro socialista de Redondela, Eduardo Reguera, a decisión do goberno local de limitar as subvencións ao transporte público para os cidadáns empadronados en Vigo que pagan na cidade os seus impostos. Ao longo da reunión que mantiveron a petición do edil redondelá, Caballero reiteroulle a súa disposición a asinar convenios cos concellos da área para que financien as achegas dos seus cidadáns, ao tempo que destacou que a competencia do transporte intermunicipal é da Xunta e da Deputación de Pontevedra.
Abel Caballero recibiu esta mañá de xoves ao voceiro socialista de Redondela, Eduardo Reguera, nun encontro no que lle reiterou súa posición sobre o transporte público de Vigo. Concretamente, explicoulle que "as subvencións municipais sufragadas cos impostos dos cidadáns empadroados en Vigo son para os cidadáns de Vigo", ratificando a idea de que "os recursos da cidade son para a cidade". En todo caso, puntualizou durante a súa comparecencia cos medios, hai cidadáns de concellos limítrofes e do contorno que usan con frecuencia os buses urbanos, é dicir, o transporte intermunicipal, e como tal, trátase, dixo, dunha responsablidade da Deputación e da Xunta que son as administracións que teñen que correr co custo da subvención dos cidadáns que non sendo de Vigo usan o transporte urbano.
"Esa é a súa función e teñen que facerse cargo", subliñou asegurando que non lle compete ao Concello de Vigo porque Xunta e Deputación reciben ingresos de toda a provincia, argumentou. Neste punto, o rexedor amosou unha vez máis a súa vontade de asinar convenios con esas administracións, de xeito que en cada tarxeta verde figure o concello de procedencia e ao final de ano se pague o que corresponda. Deste xeito, veráse cal é a vontede destas institucións de apoiar a intermunicipalidade porque é a súa competencia e obriga, indicou. Finalizou insistindo en que "os concellos non estamos para sufragar subvencións de non empadroados" e reiterando a súa disposición a "manter as subvencións en Vigo se as asume a Xunta ou a Deputación".
Descargar todas as imaxes