Este venres e sábado, estrea no MARCO ¿Qué hacen a estas horas los coroneles?
Esta fin de semana Miguel Bonneville volve ao MARCO coa estrea dunha nova proposta realizada en colaboración con Pablo Fidalgo. Concibida como conferencia escénica, esta obra enmárcase no ciclo ‘Material Memoria’ comisariado polo propio Fidalgo dentro da exposición ‘Veraneantes’.
Miguel Bonneville e Pablo Fidalgo
¿Qué hacen a estas horas los coroneles?
Conferencia escénica
Estreno
Venres 24 e sábado 25 de xaneiro, ás 19.30
Patio 1 (planta baixa)
ENTRADA GRATUÍTA. Prazas limitadas ata completar aforo
Creación e Interpretación: Pablo Fidalgo e Miguel Bonneville
Co apoio de: Azala, Euskadi; MARCO, Vigo
Duración: 60 minutos
Por onde empezar a loita real? Que facer cando xa non ten sentido ir manifestarse? Contra quen apuntar? Esa violencia exercida sobre o mundo só é crible cando un conta o seu relato íntimo e persoal. Para iso, Bonneville e Fidalgo falan con políticos, líderes dos seus respectivos países, economistas, e sobre todo, militares. Se ben os dous se declaran abertamente opostos ao exército, non poden deixar de preguntarse que pensa o exército nunha situación límite como a actual.
Podo falar co presidente esta noite? Podo falar co rei? Podo dicirlle o que penso deste país? Podo levantar o exército igual ca Mishima? Que fan a estas horas os coroneis?
Pablo Fidalgo e Miguel Bonneville coñécense en 2012 en Lisboa. Comprenden que levan anos desenvolvendo traballos paralelos e deciden ofrecer unha conferencia para explicalo.
Miguel Bonneville (Porto, 1985) completou os seus estudos na Academia Contemporânea do Espectáculo (2003), na Fundação Calouste Gulbenkian (2006), no CIES.ISCTE (2008) e no Citeforma (2013). A través de performances, debuxos, fotografías, música, libros de artista, preséntanos historias autobiográ!cas centradas na destrución e reconstrución da identidade. Bonneville presenta o seu traballo en galerías de arte e festivais internacionais, en particular en España, Alemaña, Polonia, Estonia, Italia, Arxentina, EUA e China. Colabora regularmente con artistas como Carlota Lagido, David Bonneville, Sonia Baptista, Joana Linda, Joana Craveiro e Maria Gil, e colaborou tamén con Francisco Camacho, Teatro Praga ou La Ribot, entre outros. Foi artista residente no Sítio das Artes, en CAMJAP-Fundação Calouste Gulbenkian (Lisboa, 2007), en Homesession (Barcelona, 2008), en Mugatxoan na Fundação de Serralves (Oporto, 2010) e no Festival Transeuropa2012 (Hildesheim, 2012).
www.miguelbonneville.com
Pablo Fidalgo Lareo (Vigo, 1984) é comisario do ciclo ‘Material Memoria’ no MARCO de Vigo. Escribiu o libro La educación física (Pre-textos, 2010), elixido por El Cultural como un dos cinco mellores libros de poesía publicados en 2010 en España. En 2012 gaña o Premio Injuve de poesía por La retirada. O seu traballo ten sido presentado en España, Portugal, Italia, Polonia, Brasil, Arxentina e Uruguai. Os seus textos foron recollidos en varias antoloxías e traducidos a varias linguas. Participou no Festival Internacional de Poesía Cosmopoética 2007 en Córdoba, e no Festival Internacional de Poesía de Barcelona 2011, entre outros. Dende 2004 ata 2013 formou parte da compañía La tristura. En 2013 publica o libro de poemas Mis padres: Romeo y Julieta. Vive e traballa en Lisboa.
www.pablofidalgo.com
Descargar todas as imaxes