Escoitar

O Concello apoia a petición de Asetranspo dunha área loxística de transporte no sur de Galicia

O alcalde de Vigo sumouse á petición de Asetranspo de reclamar á Xunta unha área loxísita de transporte no sur de Galicia. Caballero fixo esta afirmación logo de manter un encontro cos profesionais do sector do transporte no que lle trasladaron que empezan a ter problemas na zona da Autoridade Portuaria.

venres, 24 xan 2014
1390568857Asetranspo.JPG
O Concello de Vigo coincide con Asetranspo na necesidade de reclamar unha área loxística de transporte no sur de Galicia, tal e como lle transmitiron os profesionais do sector ao rexedor durante unha reunión que mantiveron esta mañá de venres nas dependencias de Alcaldía. Logo de constatar a "preocupación" dos profesionais polos problemas que empezan a ter no porto de Vigo, Caballero anunciou o seu apoio na intención de Asetranspo de reclamar á Xunta un plan sectorial de ámbito supramunicipal que resolva unha situación da "maior importancia" para Vigo e toda a súa área.
Descargar todas as imaxes