PSOE e BNG instan á Xunta a manter ao CHUVI como hospital de referencia en Pontevedra e Ourense
Os votos de socialistas e nacionalistas coincidiron hoxe ao reclamar á Xunta que respecte o mapa sanitario vixente e que o CHUVI continúea a ser o hospital de referencia para as provincias de Pontevedra e Ourense. A moción defendida pola tenente de alcalde Carmela Silva, que incluíu unha engádega do BNG, foi rexeitada polo grupo do PP.
A maioría do Pleno solicitou na sesión plenaria desta mañá que o CHUVI sega a ser o hospital de referencia para Pontevedra e Ourense, de xeito que se respecte o mapa sanitario vixente. Durante a defensa da moción, a tenente de alcalde, Carmela Silva, abogou porque, en aras dunha xusta distribución entre poboación e territorio das prestacións sanitarias, se inicie o proceso para incrementar as referencias únicas para o conxunto de Galicia de novos tratamentos e probas diagnósticas no CHUVI.
Durante o debate, a concelleira socialista aceptou unha enmenda do BNG na que se insta ao xerente da Área de Vigo a reclamar recursos e exisir que o novo hospital de Vigo teña dotación punteira de referencia.
Transporte
Na sesión plenaria desta mañá tamén se deu luz verde a unha moción nacionalista que insta ao goberno local a revisar e modificar as liñas de servizo municipal de transporte e renegociar coa concesionaria o contrato para obter un mellor servizo. O texto do BNG, que contou co voto favorable do PP e a abstención do PSOE, tamén aboga por modificar a tarifa ordinaria e as tarxetas de desconto para persoas con menos recursos. Outro dos acordos da moción pasa por establecer contactos e negociacións cao administración autonómica e os concellos da área de influencia para poñer en marcha o transporte metropolitano, incluído o transporte de ría.
Outra das mocións aprobadas esta mañá, neste caso cos votos do PP e as abstencións do resto dos grupos, propón ao Pleno da Corporación acometer todas as accións precisas para reducir o custo dos desprazamentos interurbanos de transporte público que fan os vigueses, equiparándoos, segundo di o texto, ao resto das cidades galegas, tendo sempre en conta a necesaria implantación dun bono social en función da renda e situación laboral e física. Outro dos acordos que inlúe a moción popular pasa por aumentar e facilitar os intercambios entre transportes tanto urbanos como metropolitanos a través de melloras nas terminais de intercambio, puntos de parada adicional.