APROBACIÓN INICIAL DA ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DA INSPECCIÓN TÉCNICA E AVALIACIÓN DAS EDIFICACIÓNS DO CONCELLO DE VIGO
O Pleno do Concello de Vigo, en sesión ordinaria do día 8 de xaneiro de 2014, adoptou o seguinte acordo:
"Primeiro: Aprobar inicialmente a «ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DA INSPECCIÓN TÉCNICA E AVALIACIÓN DAS EDIFICACIÓNS DO CONCELLO DE VIGO» elaborada polo Servizo de ITE da Xerencia Municipal de Urbanismo.
Segundo: Proceder á apertura dun período de información pública e audiencia aos posibles interesados polo prazo de trinta (30) días hábiles para a presentación de reclamacións e/ou suxestións.
Terceiro: Declarar que, consonte co establecido no artigo 49.c) da LRBRL, de non se presentar reclamacións ou suxestións no período de información pública, entenderase definitivamente adoptado o acordo ata entón provisional, procedéndose a publicación do texto íntegro da Ordenanza no BOP, non entrando en vigor ata que se efectúe a preceptiva publicación de conformidade co disposto no artigo 70.2 da LRBRL e transcorra o prazo previsto no artigo 65.2 do mesmo corpo legal."
Durante o período de exposición pública, o expediente completo poderá examinarse polo público en xeral no Servizo de Arquivo e Control da Xerencia Municipal de Urbanismo (Praza do Rei, s/n), de luns a venres, en horario de 9:00 h a 13:30 h. Así mesmo, o texto da Ordenanza poderá consultarse na páxina web municipal (www.vigo.org) no apartado Anuncios e Edictos - Expedientes da Xerencia Municipal de Urbanismo - Ordenanzas.