A Escola Municipal de Teatro presenta o programa "A Telón Quitao"

O programa "A telón quitao" é un espazo aberto a creatividade no que os alumnos/as da Escola Municipal de Teatro de Vigo (EMT) mostran as súas propias creacións artísticas.A próxima representación terá lugar o vindeiro venres 31 de xaneiro no auditorio da Escola Superior de Arte Dramático (ESAD), sito na rúa Poza Cabalo s/n, ás 18:30 horas. A entrada será libre ata completar o aforo.

venres, 31 xan 2014
1391173591teatroescola.jpg
O obxectivo deste programa é ofrecerlle ao/a alumno/a un espazo de creación teatral libre, onde poida dar renda solta á súa creatividade, ademais de permitirlle subir ao escenario e enfrontarse ao público antes de participar na mostra de final de curso.

Este programa pretende potenciar a expresividade e a creatividade do/a alumno/a, e, para iso, potenciase a súa participación nestas mostras utilizando a menor cantidade de elementos de significación teatral externos ao actor/actriz, como a luz, a escenografía, o son etc. Preténdese fundamentalmente que o/a alumno/a utilice a súa voz e o seu corpo como elementos de significación fundamentais na súa proposta creativa.

Os traballos serán de varios tipos: improvisacións, traballos de interpretación, escenas musicais, mostras de expresión corporal......
Descargar todas as imaxes