Escoitar

Concello e sector hostaleiro cooperarán nun proxecto de reactivación turística en torno ás Illas Cíes

O alcalde de Vigo avanzou hoxe mércores a posta en marcha dun proxecto de reactivación turística en cooperación cos profesionais da hostalería na cidade. Un dos eixos desta iniciativa, detallou, basearase no obxectivo de que a Unesco declare ás Illas Cíes como Patrimonio da Humanidade, "un gran factor mobilizador cidadá, medioambiental e turístico".

mércores, 29 xan 2014
1391000539turismo.JPG
Abel Caballero deu conta dun proxecto común de reactivación turística "en constante diálogo co sector", en torno a unha iniciativa de corto e medio prazo que é declarar as Illas Cíes Patrimonio da Humanidade. Trátase, dixo, dun "gran factor mobilizador cidadá, medioambiental e turístico" e avanzou que nos orzamentos de 2014 haberá unha partida para implementar as accións precisas para que "as Cíes como formen parte do acervo cultural de Galicia, España e Europa".

O rexedor fixo estas declaracións logo dun encontro con representantes de Feprohos (Federación de Hostalería de Pontevedra); Asehospo (Asociación de Empresarios de Hospedaxe de Pontevedra); Ahosvi (Asociación de Hostalería de Vigo) e Avipo (Asociación Provincial de Axencias de Viaxe). Tal e como explicou aos medios e xa nun prazo máis inmediato, referiuse á campaña que xa está adxudicada para promocionar Vigo en cidades cercanas como León ou Valladolid, ademais de anunciar a elaboración "dunha gran base de datos promocional da cidade". Rematou "votando de menos á Xunta de Galicia e á Deputación que literalmente non están" ao tempo que garantiu que desde o Concello seguirase a traballar "en gran sintonía" co sector.

Iberia Express
Durante a rolda de prensa, o rexedor felicitou a Iberia Express pola ampliación de frecuencias e prazas para a tempada de verán (desde abril a outubro), xa que as frecuencias semanais pasan de 18 a 24 e se ofertan 8.500 prazas máis ao mes. Ademais, o rexedor subliñou que, tal e como se acordara co Concello, mantense o vóo de primeira hora cara a Madrid e a conexión semanal a Tenerife. Caballero tamén agradeceu á compañía a súa aposta por Vigo porque é o único aeroporto no que Iberia Express opera con vóos transversais (Palma de Mallorca e Tenerife).
Descargar todas as imaxes