Vigo acollerá en maio o segundo Encontro Internacional de Danza Urbana
Abel Caballero avanzou que no próximo mes de maio figuras de recoñecido prestixio da danza urbana internacional se darán cita en Vigo no marco do Segundo Encontro Internacial desta modalidade artística. Os organizadores xa están a traballar na posta en marcha dun "gran evento" que concitará o interese de bailaríns de todo o mundo.
O alcalde de Vigo anunciou que o próximo mes de maio Vigo acollerá o segundo Encontro Internacional de Danza Urbana, seguindo a estela do éxito da primeira edición deste certame, que se organizou en outubro do ano pasado. Logo dun encontro coas organizadoras, Angeles e Marta Díaz, o rexedor amosou a vocación do Concello de cooperar no que vai ser un "gran evento" a nivel internacional xa que vai contar con bailaríns de recoñecido prestixio de diversos países, ademais de gozar da implicación de público vigués. Neste momento, explicou, estamos a traballar no programa e buscando un lugar axeitado e espacioso como o Mar de Vigo ou o Verbum.
Descargar todas as imaxes