venres, 7 feb 2014
A Xerencia de Urbanismo aprobou hoxe venres o realoxo temporal e urxente dunha familia desafiuzada dunha vivenda da rúa Pizarro que en dez días poderá ocupar nun inmoble municipal situado na rúa Anduriña. O alcalde amosou a "vocación" do goberno local de actuar cada vez que se produza unha situación similar nesta cidade.
venres, 7 feb 2014
Abel Caballero prantexará aos grupos políticos do Concello facer un posicionamento conxunto para apoiar a petición de indulto para Carlos Rivas e Serafín Rodríguez, os sindicalistas condeados a tres anos de cárcere por formar parte dun piquete informativo no ano 2008. Logo de manter con eles un encontro, no que tamén estiveron presentes os responsables das tres centrais sindicais, o rexedor transmitiu o seu "máximo respecto a unha sentencia xudicial" ao tempo que precisou que se trata dun caso no que, seguindo todo o procedemento legal, procede solicitar o indulto.
venres, 7 feb 2014
Este venres tivo lugar o acto de corte de chapa que simboliza o inicio da construcción do flotel por parte do estaleiro Barreras para a mexicana PEMEX, "simbólico da reactivación" do sector na cidade, segundo o alcalde. Caballero asegurou que "Vigo está de noraboa", amosou a súa "satisfacción" e salientou os "miles de empregos" que xerará o naval.