Escoitar

O alcalde instará aos grupos a apoiar conxuntamente a petición de indulto para os sindicalistas condeados

Abel Caballero prantexará aos grupos políticos do Concello facer un posicionamento conxunto para apoiar a petición de indulto para Carlos Rivas e Serafín Rodríguez, os sindicalistas condeados a tres anos de cárcere por formar parte dun piquete informativo no ano 2008. Logo de manter con eles un encontro, no que tamén estiveron presentes os responsables das tres centrais sindicais, o rexedor transmitiu o seu "máximo respecto a unha sentencia xudicial" ao tempo que precisou que se trata dun caso no que, seguindo todo o procedemento legal, procede solicitar o indulto.

venres, 7 feb 2014
1391786172sindicalistas.JPG
Descargar todas as imaxes