O Concello incluirá na rede municipal de voluntariado aos 300 membros de Asdegal
O Concello de Vigo incluirá na súa rede de voluntariado aos trescentos membros de asociación viguesa Asdegal (Acción Solidaria de Galicia). Logo de manter un encontro coas responsables, Caballero explicou que se trata de reforzar unha cooperación que xa se estaba dando entre esta entidade e o Concello.