Escoitar

A Policía Local de Vigo realizou 80 intervencións na cidade a causa do temporal

O alcalde deu conta hoxe mércores das actuacións dos servizos municipais derivados do frente do chuvia e vento na tarde de onte martes. 17 patrullas e 3 dotacións de atestados da Policía Local participaron no dispositivo específico, xunto aos servizos de Fomento e Limpeza, nun temporal que non deixou danos persoais.

mércores, 5 feb 2014
Abel Caballero informou da realización por parte da Policía Local de 80 intervencións causadas polo temporal, todas sen consecuencias persoais. Destacou o alcalde a caída do valado no campo de fútbol de Bouzas, caída de árbores, contedores movidos, vehículos danados, caída de cascotes e elementos de vivendas, camiños e rúas inundadas, tapas de alcantarilla levantadas e o asfalto levantado xunto ao mercado de Cabral.

O dispositivo municipal de emerxencias ante o temporal incluía os servizos de Fomento e Limpeza do Concello, ademas das 17 patrullas e 3 dotacións de atestados da Policía Local. Caballero valorou que a cidade aguantou "mellor" que noutras ocasións e, sen ser "triunfalista", apuntou que "as humanizacións axudan" neste sentido.