Escoitar

O goberno local estudará crear un Instituto Municipal de Mediación

Tras unha reunión co decano co Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industrais, impulsores da iniciativa, o alcalde de Vigo indicou que a proposta de crear un Instituto Municipal de Mediación lle parece "razonable" e será estudiado o encaixe competencial cos servizos xurídicos.

martes, 4 feb 2014
1391518554ingenieros.JPG
O decano, Jorge Cerqueiro, planteou ao alcalde a creación deste Instituto que Caballero ve "razonable" pola función que prestan e será estudado "moi seriamente". O Colexio xa conta cun departamento destas características, segundo explicou, e habilitar o Instituto Municipal so conlevaría para o Concello a disposición dun local, sen ningún outro custe ao efecto.

Abel Caballero adiantou que a nova lei estatal para as administracións locais establece un campo competencial para os concellos distinto do anterior, polo que os servizos xurídicos do Concello de Vigo informarán sobre se a mediación forma ou non parte das competencias do municipio.
Descargar todas as imaxes