O Concello mellora a seguridade en Clara Campoamor cun semáforo no acceso ao Parque Tecnolóxico
O alcalde informou da posta en funcionamento hoxe luns dun novo semáforo na Avenida Clara Campoamor, en sentido descendente, antes da rotonda de acceso ao Parque Tecnolóxico de Valladares. Caballero recordou que o Concello instalou varios semáforos máis e ultima a posta en marcha de dous novos na Avenida de Castelao.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este luns da posta en marcha hoxe dun novo semáforo na Avenida Clara Campoamor, en sentido descendente, xusto antes da rotonda de acceso ao Parque Tecnolóxico e Loxístico de Valladares, para mellorar a seguridade viaria.
Caballero indicou que o paso de peóns da Avenida, onde tamén hai paradas de autobús, é o principal acceso ao Parque, transitado pola propia actividade do PTL e pola presencia nas proximidades dunha escola infantil e do recinto municipal VigoSónico. Co novo semáforo gáñase en seguridade para peóns e vehículos.
O rexedor explicou que, xunto ao iniciado hoxe, o goberno local ven de poñer en marcha recentemente un semáforo a demanda do acceso ao colexio Canicouva, outro de bloqueo en Baixada á Salgueira, un máis en Bagunda con detector magnético para o paso do autobús urbano e o taxi, tamén na Avenida de Galicia 226 e unha reordenación dos semáforos en Martínez Garrido, no cruce con Ramón Nieto.
Caballero datou para finais de febreiro o funcionamento de dous novos semáforos na Avenida de Castelao, que xa contan cos báculos instalados, á altura de Redondela e da saída do aparcamento soterrado. O alcalde apuntou que está en elaboración o proxecto para retirar os pasos elevados da Avenida.
Pasos de peons
O alcalde tamén apuntou que o goberno de Vigo dispuxo novos pasos en Padre Seixas (Colexio Ramón Castelao, no polígono residencial de Navia), en Torrecedeira 1 e en Martín Echegaray nº26. Xunto aos novos, o Concello procedeu ao repintado duns sesenta pasos xa existentes.