O Concello realiza un novo pago para o MARCO, ao que aporta 605.000 euros anuais
Abel Caballero informou este martes do pagamento de 151.000 euros ao Museo de Arte Contemporáneo de Vigo, o último correspondente ao 2013 dos 605.000 euros que cada ano achega o Concello ao Padroado do MARCO. O goberno local sustenta "na súa práctica totalidade" este recinto cultural.
O alcalde recordou que o Concello achega ao MARCO 605.000 euros anuais para o seu funcionamento, mentres que a Xunta de Galicia aporta 100.000 euros, o Ministerio de Cultura da 48.000 euros e a Deputación de Pontevedra deixou o Padroado.
Caballero censurou que o goberno autonómico rebaixou de 300.000 a 100.000 euros a súa aportación ao Museo vigués, o ministerio pasou de 107.000 aos 48.000 euros actuais e a Deputación abandonou o apoio e non presta apoio económico algún. O alcalde de Vigo conclúe que o MARCO, un centro "con presenza europea", está financiado "na súa práctica totalidade" polo Concello.