Escoitar

O Concello de Vigo ampliará o servizo de teleasistencia grazas á baixa do contrato de adxudicación

Abel Caballero avanzou hoxe martes que o Concello prestará o servizo de teleasistencia a 89 maiores máis que ata o de agora grazas á baixa de prezo acadada na adxudicación do contrato. Así o explicou o rexedor, cando se cumpre un ano desde que a Deputación deixara "tirados" aos usuarios desta prestación social para maiores.

martes, 4 feb 2014
Cando se cumpre un ano desde que o Concello asumira en solitario o servizo de teleasistencia unha vez que a Deputación retirou esta prestación, o alcalde deu conta da adxudicación do contrato, cun prezo inferior ao previsto na licitación -de 18,45 euros/usuario a 11,76 euros/usuario- o que permitirá ampliar o servizo a 89 persoas máis. Cun contrato por dous anos por un importe de 155.126,40 euros, o Concello seguirá a ofrecer esta prestación a un colectivo de persoas "moi sensible" no que o 93% son mulleres; o 82% ten máis de 80 anos e o 84% vive solo. Asimesmo, engadiu, vaiselle prestar o servizo á 10 persoas que teñen dificultades de audición e comunicación.